#proyectoseducativos
Barxilón, un personaxe 360º
2 Xullo 2015

Barxilón, un personaxe 360º

O pasado 10 de xuño asistimos á presentación do libro "Barxilón no mar do latón" do IES ás Barxas de Moaña. O libro é a primeira publicación do proxecto gañador do noso I Concurso Proyecta Innovación: "Barxas emprende: creación dunha editorial".

Foi marabilloso ver como a súa idea inicial, "Unha viaxe polos sentidos a través da creatividade", colleu forma e foi evolucionando. A súa transversalidade e interdisciplinariedade foinos sorprendendo conforme relataban a execución do proxecto, un proceso de aprendizaxe-emprendemento que vos contamos con detalle:

Primeiro crearon unha editorial, Libr@arte; co seu estudo de mercado, plan de empresa, logotipo, estatutos e RRSC. Os protagonistas de todo este proceso foron os alumnos de Economía de 2º de Bacharelato do centro.

Con todo planificado e ben traballado, pasaron á segunda fase: Creación dun proxecto editorial.

Aprenderon visitando a escola de escritores de Madrid onde lles ensinaron a crear un personaxe e un discurso, participando nun taller de escritura creativa no que aprenderon que unha pedra non é só unha pedra, pode ser moito máis se se "quitan os lentes". Redactaron un manual de estilos de redacción e presentación de obras literarias e a través de diferentes ferramentas TIC de escritura colectiva, comoWattpad, os alumnos elaboraron 150 relatos.

Na fase de produción perderon o medo a debuxar, coñeceron as técnicas da ilustración e crearon un personaxe: Barxilón. Xavier Zúñiga encargouse de darlle vida. Traballárono en 3D, crearon o resto de personaxes Inés, Andrea e Noemí. Crearon o storyboard e os bosquexos, as ilustracións en dixital e finalmente naceu: Barxilón no mar do latón!.

 

 

Aprenderon tamén que, para que un libro saia á rúa, hai moito máis traballo que facer. Por iso, visitaron unha imprenta, informáronse dos dereitos de autor, seleccionaron a licenza Creative Commons que mellor se adaptaba á súa obra, presentárono no Depósito Legal e aprenderon o que é un ISBN. Negociaron coas imprentas e puxéronse mans á obra con probas de cor e encadernación. Listo? Non; sabían que o importante agora era dalo a coñecer. Por iso, cos alumnos de TICs de 1º de bacharelato, abordaron a última fase: a difusión. Crearon un blog, unha web sobre o libro, un Facebook para Barxilón, Booktrailer, prensa, raio, televisión.

En torno ao personaxe de Barxilón crearon diferentes actividades para o fomento da lectura, e a aprendizaxe de destrezas e materias curriculares con outros centros implicados no proxecto: Teatro, teatro negro, crebacabezas sobre o libro, xogos interactivos, panel musical con Scratch e Makei Makei, realizaron actividades educativas en formato dixital, crearon un xogo sobre Barxilón, audiocontos, banda sonora...

Traduciron o libro ao inglés os alumnos de 5º de primaria do CEIP A Rúa, ao braille e ata á linguaxe de signos!

Como vedes, un proxecto 360º que nos emocionou.

  • #proyectoseducativos
  • #proyectainnovación